lunes, 28 de marzo de 2022

A BIBLIOTECA

 Que ganas tiñamos de ir á biblioteca, por fin chegou o día!!!

As bibliotecarias recibíronnos co páxaro Óle  e contáronnos unha chea de cousas interesantes da biblioteca e dos seus libros.

     

Aínda que non saibamos ler  podemos elixir e ver os contos que máis nos gusten, todos os libros teñen unha etiqueta que nos indica o contido do conto.

    

 

Todos os contos que son adaptados ás nosas idades teñen imaxes que nos serven para coñecer o contido do conto, SÓ CON MIRAR AS IMAXES PODEMOS ADIVIÑAR UNHA CHEA DE COUSAS.

A ESCALA: con ela podemos ver se os obxectos están preto ou lonxe...

EXPRESIÓNS FACIAIS: transmiten sentimentos ,tristeza, alegria, enfado...

REPRESENTACIÓN DE MOVEMENTO: liñas rápidas, posicións dos brazos e pernas...

Tamén fixándonos nos detalles das imaxes podemos observar o paso do tempo, historias paralelas...

  

Polo tanto a modo de conclusión,podemos decir que MIRAR IMAXES TAMÉN

É LER e que xogan un papel de apoio e motivación moi importantes,

na aprendizaxe da lectura e na consolidación de hábitos lectores.

  

   

" PARA FACER NA CASA" axudarlles a ver e mirar os contos, facerlles preguntas sobre a imaxe (Que ves?, Onde está?, Que fai?...), conectar o que se ve co vivido por eles, xogar a cambiar o título, o final...

  

CUENTO :¡Buen camino Celestino!


XOGO CAMIÑO DE SANTIAGO

miércoles, 16 de marzo de 2022

CAMIÑO DE SANTIAGO: VESTIMENTA DEL PEREGRINO/A

Presentamos ao alumnado a vestimenta propia dun/dunha peregrino/a actual: roupa e calzado, bastón, cantimplora e mochila. 
Facemos esta mesma actividade, agora cos elementos propios da vestimenta tradicional: bordón, zurrón, cabaza, capa e sombreiro. Pedimos que emparellen os elementos para que recoñezan como evolucionaron na súa forma, pero non no seu uso.



 





CUENTOS DE VALORES

DESCOMPOSICIÓN NÚMERO: SUMAS

 

RECOMENDACIONES PARA EL VERANO